Festividades
Jól
Jól (entre o 19 de decembro e o 1 de xaneiro):
Jól celébrase durante doce noites que representan a fin dun ano e o inicio doutro, así coma o renacemento do Sol, xa que a partires desta noite -a máis longa e escura do ano- comezanse a alargar os días. É a festividade máis importante da Tradición Nórdica, e unha das tres únicas datas das que se conserva mención nos textos antigos.
En Jól temos tres datas principais: Moðirnættur ou a Noite Nai, o propio Jól e a Duodécima Noite.
- Moðirnættur (noite do 19 ou do 20 de decembro): Nesta noite comeza tradicionalmente o Jól, e era a noite anterior ó Solsticio de Inverno, sendo unha celebración íntima e familiar. Celebrábase no nome de Frigga e tódalas nais, e durante ela, a dona da casa adornaba á Árbore de Jól, acendía velas por tódala casa e daba regalos a tódolos membros da familia.
- Jól (noite do 21 ou do 22 de decembro, o Solsticio de Inverno): Neste día se celebra o blót mesmo de Jól, unha festividade no nome de Freyr, de Sunna e de Balder, deuses do Sol e o seu renacemento.
- Duodécima Noite (noite do 31 de decembro ou do 1 de xaneiro): O Symbel máis importante do ano celébrase nesta noite. Todo o Clan se reúne para despedir ó día e recibir de novo ó Sol que amencerá ó final da noite. Neste Symbel soen facerse os xuramentos máis importantes, e pásase a noite entre poemas, cancións e historias.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Jól (entre el 19 de diciembre y el 1 de enero):
Jól se celebra durante doce noches que representan el final de un año y el inicio de otro, así como el renacimiento del Sol, ya que a partir de esta noche -la más larga y oscura del año- comienzan a alargarse los días. Es la festividad más importante de la Tradición Nórdica, y una de las tres únicas fechas de las que se conserva mención en los textos antiguos.
En Jól tenemos tres fechas principales: Moðirnættur o la Noche Madre, el propio Jól y la Duodécima Noche.
- Moðirnættur (noche del 19 o del 20 de diciembre): En esta noche comienza tradicionalmente el Jól, y era la noche anterior al Solsticio de Invierno, siendo una celebración íntima y familiar. Se celebraba en honor a Frigga y a todas las madres, y durante ella, la señora de la casa adornaba el Árbol de Jól, encendía velas por toda la casa y entregaba regalos a todos los miembros de la familia.
- Jól (noche del 21 o del 22 de diciembre, el Solsticio de Invierno): En este día se celebra el blót en sí de Jól, una festividad en honor a Freyr, a Sunna y a Balder, dioses del Sol y su renacimiento.
- Duodécima Noche (noche del 31 de diciembre o del 1 de enero): El Symbel más importante del año se celebra en esta noche. Todo el Clan se reúne para despedir el día y recibir al nuevo Sol que amanecerá al final de la noche. En este Symbel se suelen hacer los juramentos más importantes, y se pasa la noche entre poemas, canciones e historias.